10D10
www.10d10.net
consultas@10d10.net
Tel.: +34 981 140 045
Contato
Solicitar orçamento
Favoritos
10d10 nace en 1999 coa vocación de converterse nunha empresa pioneira no mundo da xestión cultural.
Dende entón, 10d10 foise consolidando coma un proxecto empresarial innovador e eficaz, ademáis de se converter nun polo dinamizador da cultura na súa área de influencia.
A Creatividade, a eficiencia e a satisfacción do usuario son as nosas obsesións. Gustannos os traballos a medida, os nosos clientes non se merecen menos, eles son únicos e por tanto merecense un producto único.
Os desafíos motivannos, fan a vida moito máis emocionante.
PRODUCTOS ARTÍSTICOS
10d10 fai un completo seguimento da escea local en diversos campos (música, teatro, contacontos, monologuistas), ademáis de funcionar coma unha axencia de espectáculos tradicional.
Non dubide en contactar connosco sen ningún compromiso y lle atenderemos encantados.
PRODUCTOS FORMATIVOS
Algúns dos productos da empresa con maior aceptación entre os nosos clientes son os nosos obradoiros, neles combinamos a parte didáctica cunha forte componente lúdica. Destacan entre estes os obradoiros de radio, as audicións comentadas da historia do rock ou os nosos novos obradoiros infantís.
SERVICIOS
10d10 non so está capacitada para satisfacer necesidades puntuais, senón que tamén presta servicios de forma continua sobre todo a clientes institucionais. Pode confiarnos os seus ciclos artísticos, ou de conferencias, seminarios, etc…
Asimesmo tamén contamos cun servicio de producción radiofónica en directo.
PARA EMPRESAS
Pode encargarse de calquera tipo de presentación, convención, cena... que a súa empresa precise organizar, tanto de forma integral coma por servizos.
Ademáis, podemos organizar outro tipo de actividades menos comúns, como celebracións, festexos, e incluso ofrecemos productos moito máis novedosos coma o outdoor training, orientado a obxectivos predeterminados. Pídanos información sen compromiso.
PARA PARTICULARES
O noso departamento de animación atopase á súa disposición para ofrecerlle monitores, payasos, animadores, magos, contacontos, monologuistas...
O noso servicio de discoteca móvil poderá amenizar calquera celebración. Sempre desprazamos a dous pinchadiscos. Unha das nosas especialidades: As bodas.
Todos os nosos produtos son estrictamente persoalizados.
Galeria de imagens
Outros países e lugares onde poderá contar com os nossos serviços